Maio – Xuño 2011
No marco de programa “MULLERES CON PROXECTO” que desenvolve a Federación EFA Galicia, é co grupor de traballo de empresarias do rural (ASER), o 29, 30 e 31 de maio relizouse unha viaxe técnica ó Pais Vasco cos seguintes obxectivos:
- Coñecer diferentes iniciativas empresariais lideradas por mulleres do rural
- Intercambiar información de experiencias que contribuan a mellorar a comercialización e incrementar o volume de actividade das empresas
- iniciar contactos entre distintas asociación de mulleres do rural para establecer unha plataforma de traballo coa finalidade de constituir unha rede..
Entre as actividades nas que participamos, destacamos a:
- Sesión de traballo con Olga Royo (Casa Andutza) empresaria de agroturismo en EA.
- Visita Técnica a Lácteos Ergoien da empresaria Eider Ordóñez – Intercambio de Experiencias – Diversificación da producción e mellora na comercialización.
- Sesión de Traballo para analizar a problemática da muller rural (Euskadi – Galicia). Intercambio de Experiencias de diferentes directivas de asociacións de mulleres de Vizcaya.
- Visita Técnica ó proxecto “Gure Ahaleginak” de Maite Durana en Orduña. Análise da problemática da comercialización dos productos con D.O.
- Sesión de Intercambio de Experiencias con mulleres emprendedoras de Lukiano (Álava). Problemáticas das empresarias no entorno rural.
- Visita Técnica á explotación de Eli Ingunza, situada no entorno do parque natural. Producción de leite de ovellas e producción de queixo da D.O. Idiazabal.
- Sesión de Intercambio de Experiencias coea Red de Mulleres de Álava. Iniciativas que promovenn dende as asociación de mulleres para fomentar o emprego e o emprendemento das mulleres alavesas.
Participaron na visita empresarias que desenvolven a súa actividade nos sectores da:
- Gandeiría de carne e leite
- Producción de horta
- Transformación de produtos lácteos
- Turismo rural
- Comercialización de produto lácteo e artesán.
- Servicios a empresas rurais
Entre as conclusión a destacar a de seguir mantendo contactos para a creación da plataforma de traballo en rede.