Preparación probas E.S.A
Plan de formación especializada en EFA Piñeiral Arzúa.
Na Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020 dáse unha énfase especial aos procesos vinculados á inclusión sociolaboral, tanto a inclusión básica como de transición ao emprego das persoas usuarias dos servizos, establecendo unha liña de axudas destinada ao desenvolvemento de accións de capacitación persoal para a mellora da empregabilidade das persoas en situación ou risco de exclusión social, así como ao traballo de acompañamento social e ao apoio preciso para facilitar a participación das persoas destinatarias nos proxectos de inclusión sociolaboral.
Neste contexto, a Federación EFA Galica, constituiu dous grupos de participantes, que asisten ás sesións de formación de cara á preparación para as probas de adquisición do título de educación secundaria para adultos (ESA) en dúas quendas.