Proxecto "OPILE" na EFA Piñeiral
No mes de xaneiro, o alumnado do Centro de Promoción Rural PIÑEIRAL, que está a participar no proxecto OPILE, analizou a presencia do autoemprego nas comarcas de Arzúa, Terra de Melide e Ordes.
Entre as actividades que desenvolveron paralelas a súa cualificación profesional, para profundizar neste tema destacan:
- Os traballos de campo realizados en colaboración cos emprendedores das diferentes zonas de procedencia do alumnado e cos responsables de emprego dos concellos.
- Cos emprendedores analizaron os motivos que inicialmente tiveron para crear o seu propio emprego, as dificultades coas que se atoparon no inicio e a maneira que tiveron de superalas, os recursos que puxeron en valor para sacar adiante o negocio, cómo lles afecta a situación actual e de qué maneira a afrontan.
- Cos responsables de emprego dos concellos estiveron a falar da situación en xeral do autoemprego no municipio comparandoa con outras épocas e tamén en qué medida dende as administracións locais se apoian ás persoas que queren crear o seu propio emprego.
- As visitas técnicas á zona de Guitiriz para coñecer iniciativas de emprego e autoemprego neste concello. Entre os empresarios que colaboraron na acollida do alumnado, destacar o que elabora as tortas de millo, que explicou a súa iniciativa dende os inicios e como se adapta ós cambios que se producen na sociedade.
- As tertulias técnicas con diferentes persoas que crearon emprego. Ángeles Sánchez, emprendedora de Sobrado dos Monxes contoulles toda a súa experiencia na creación de diferentes iniciativas que acometeu dende que rematou os seus estudios en PIÑEIRAL, insisteu na importancia do aproveitamento dos recursos dos territorios rurais para a creación de emprego e tamén no valor da diversificación de actividades en calquera empresa.
- Os traballos en grupo, nos que se analizaron diferentes experiencias do Observatorio da Innovación e do Fondo Documental do proxecto e apropíaronse de ideas.
- A visualización de experiencias innovadoras no entorno rural, destacan as experiencias que contemplan o aproveitamento de recursos e competencias que posuían as persoas que desenvolvían as iniciativas.
- O estudio e a análise de documentación relacionada co desenvolvemento local. A documentación pertence tamén ó Fondo Documental do proxecto e traballáronse os seguintes documentos:
- “La creación de pequeñas empresas como estrategia más sólida para crear empleos”
- “El medio rural como escenario previlegiado de desarrollo”