Obradoiro de escaparatismo en Piñeiral
O alumnado do Ciclo Medio de Comercio estamos a participar nun obradoiro de escaparatismo que se desenvolverá ao longo de todo o curso e que ten como obxectivos
- Mellorar as nosas capacidades e destrezas
- Fomentar a creatividade e o traballo en grupo
- Coñecer e traballar os distintos materiais
- Aplicar os coñecementos teóricos do módulo de Animación no punto de venda
- Adaptarnos aos prazos e períodos previstos para cada proxecto
- Dar a coñecer esta actividade ao resto da comunidade educativa
Este último obxectivo acadámolo cando sacamos os escaparates do taller de Comercio e os colocamos polas zoas de paso do Centro. E aí seguen a estar. Sorprenden a toda a comunidade educativa, chaman a atención, pero sobre todo, fan que o alumnado de Comercio nos sintamos moi orgullosos, satisfeitos e con gañas de facelos o mellor posible. Para cada grupo, o seu escaparate é, sen dúbida, o máis “currado” e o máis orixinal.
Podemos ver nas fotos unha mostra dos realizados ata o momento. Á volta do Nadal , espéranos moito traballo: escaparates de rebaixas, de S. Valentín, de temporada…