Proxecto DronRural
A Asociación EFA Fonteboa pon en marcha o Proxecto DronRural. DronRural busca achegar esta tecnoloxía ao Medio Rural como polo de atracción de xóvenes e como útil ferramenta profesional.
A irrupción de novas tecnoloxías no agro facilitará a incorporación profesional dos xóvenes ao medio rural ao cambiar a percepción negativa sobre o mesmo en canto a traballo e adicación. Así a actual evolución tecnolóxica levaranos dunha imaxe de agricultor traballando no campo de sol a sol, por unha imaxe futura de agricultor como técnico controlador e organizador de múltiples robots que realizan o traballo físico.
As actividades que se propoñen van dirixidas a capacitar no seu manexo e demostrar as posibilidades dos drons no rural, tanto en tarefas “produtivas” como en tarefas de difusión ou publicidade a través da fotografía e vídeo aéreo.
Se estás interesado en participar nestas actividades, podes poñerte en contacto coa Asociación EFA Fonteboa (981 733 051) ou visitar a web do proxecto: http://dronrural.efagalicia.org.