Cinco mulleres do grupo de empresarias de ASER que está a dinamizar a Federación EFA Galicia no marco de programa MULLERES CON PROXECTO participaron todos os meses nas xornadas de traballo que está a organizar o programa ANATOLE coa cidade asociada SANTIAGO.
A temática do grupo é a economía de proximidade e en que medida unha cidade pode favorecer a comercialización de productos de calidade.
No encontro transnacional de socios deste proxecto que se celebrou no mes de abril as empresarias do rural tiveron a oportunidade de expoñer as súas problemáticas e intercambiar experiencias co persoal técnico que desenvolve o proxecto noutras comunidades autónomas e outros países.